4 de junio de 2010
Crónica da fin de semana: Sábado e Domingo 3ª parte e derradeira (x Rubén)
26 de mayo de 2010
Crónica da fin de semana: Sábado (x Rubén)
25 de mayo de 2010
Crónica da fin de semana: Sábado 2 (x Rubén)
24 de mayo de 2010
Nova táboa...novos spots...
Un video de cando probamos o novo long de Rubén buscando novos spots axeitados as nosas pobres cualidades como long skaters. As imaxes son de Corrubedo e Santiago. Non é surf pero as sensacións son moi parecidas e, sinceramente, creo que é moi recomendable para mellorar en equilibrio, camiñar polo tablón, etc. Ademáis como dicían no filme de "Lords of Dog Town" (peli que recomendamos desde aquí) "en el mundo hay más asfalto que rompientes" je,je. (x Suso)
11 de mayo de 2010
As esquerdas do sábado (x Suso)

Estas son as esquerdas que tivemos o sábado despois de que recibira no meu móbil esta mensaxe de Jose: "esquerda de meio a un na serie moi boa" Sen pensalo pillei o tablón, deixei outras cousas que tiña previsto facer e dereitiño para a praia.

Unhas ondas moi predecibles e abrideiras...

Despois mentres me cambiaba fixen uns dispariños en plan macro
19 de abril de 2010
Longboard Goanna pro Tapia 2010 (x Suso)
Esta Semana Santa acerqueime a Tapia para ver o que se cocia no campionato LQS de Longboard. O primeiro e máis significativo foron unhas condicións de mar e tempo duras, moi duras. As ondas acadaban máis de 2,5 metros no terceiro día (semifinais e final masculina) o vento bastante forte e cruzado durante todo tempo, chuvia etc. O evento se fixo longo e pesado, os competidores foron moi escasos, 14 en homes, polo que 3 días de competición son excesivos. Houbo moitos tempos mortos e de espera sen ningunha actividade complementaria. Iso si, vese que o Concello de Tapia está totalmente volcado co surf e este campionato.
Parabéns para Estichu que gañou o campionato feminino surfeando moi ben, como ela sabe. Por outra banda Antonine Delpero, con un nivel moi alto, gañou o masculino superando por moito a todos seus contrincantes, tamén debemos subliñar a actuación do francés Alexis Deniel e do inglés Ben Skinner que perdeu a súa semifinal con Delpero (para mín os dous mellores). Os participantes puxeron toda a carne no asador, non escatimaron esforzos e surfearon ondas grandes en condicións nada favorables.
1 de abril de 2010
Onda longa previos (x Antón)

