14 de junio de 2010

Nemiña Park




DE CATRO MESIÑOS






SURFING PICNIC

7 de junio de 2010

Rubenis Tantien


Despois de tanta foto surfeira imos a cambiar de tema. Aqui temos a Rubén coas cores da súa nova táboa de longsk8 (loaded Tan Tien) por iso o título da entrada (je,je). Que conste que non lle cambiei as cores só desaturei o que non era de cor amarelo. Por certo unha cor moi brasileira, un saúdo ao Brasil!

4 de junio de 2010

Crónica da fin de semana: Sábado e Domingo 3ª parte e derradeira (x Rubén)

Despois das dereitas (entrada anterior) da mañan, pola tarde decidimos mudar de praia e ir para un spot de esquerdas. Teño que dicir que esta vez contábamos cun novo colaborador detras do obxetivo chamado MANOLO (un surfista de espírito) que tivo a ben inmortalizar a sesión. - ¡Agardamos poder contar con el en vindeiras sesións!



A derradeira hora da tarde entramos na auga a surfear estas esquerdas...

Eramos os únicos que estábamos na auga...

Aínda que estaba un pelín revolto, as ondas eran moi boas e rompian moi atrás, eso facia cás remontadas custasen...

Pero compartimos ondas...

E estivemos collendo ondas continuamente...

A frecuencia era boa e non tiñas tempo que perder...

A luz íase polo horizonte...

E así, rematábamos o sábado con este fermoso solpor.


O Domingo baixada de mar, e novo troco de praia.

O Paddle (modalidade de surf) xa empeza a ter seguidores na costa verdecente, como este surfer que atopamos na auga.

Ese día mallaba o sol e ía moita calor, cumpria protexerse ben...

Poucas ondas e surfers abondo na auga, esta serie de esquerdas era a boa...

E así, o día chegaba ó seu fin...

Pero sempre, disfrutando ata o final...

Parabéns para ANTÓN (esquerda) e MANOLO (dereita) polas fermosas fotos que fixeron. ¡MOITAS GRAZAS!.