Despois das dereitas (entrada anterior) da mañan, pola tarde decidimos mudar de praia e ir para un spot de esquerdas. Teño que dicir que esta vez contábamos cun novo colaborador detras do obxetivo chamado MANOLO (un surfista de espírito) que tivo a ben inmortalizar a sesión. - ¡Agardamos poder contar con el en vindeiras sesións!
A derradeira hora da tarde entramos na auga a surfear estas esquerdas...
Eramos os únicos que estábamos na auga...
Aínda que estaba un pelín revolto, as ondas eran moi boas e rompian moi atrás, eso facia cás remontadas custasen...
Pero compartimos ondas...
E estivemos collendo ondas continuamente...
A frecuencia era boa e non tiñas tempo que perder...
A luz íase polo horizonte...
E así, rematábamos o sábado con este fermoso solpor.
O Domingo baixada de mar, e novo troco de praia.
O Paddle (modalidade de surf) xa empeza a ter seguidores na costa verdecente, como este surfer que atopamos na auga.
Ese día mallaba o sol e ía moita calor, cumpria protexerse ben...
Poucas ondas e surfers abondo na auga, esta serie de esquerdas era a boa...
E así, o día chegaba ó seu fin...
Pero sempre, disfrutando ata o final...
Parabéns para ANTÓN (esquerda) e MANOLO (dereita) polas fermosas fotos que fixeron. ¡MOITAS GRAZAS!.
1 comentario:
A posta de sol no vilar, espectacular!!!
Publicar un comentario