A derradeira fin de semana foi moi productiva tanto en ondas como en fotos, para non empachar, imolas subindo a modiño.
Primeira hora da mañá, spot de dereitas entrando unha serie, as condicións eran un pelín duras para os que xa temos unha idade...
¡Pero as ondas esmeralda eran boas e moi fermosas!
E ademais había fotógrafo para inmortalizar o momento...
As dereitas sucedianse...
Unha e outra vez...
Ah, iso si, tanto a entrada como a saída eran delicadas pola resaca...
No hay comentarios:
Publicar un comentario