24 de diciembre de 2008

18 de diciembre de 2008

CLUB

Texto recollido do blog de Alvite http://longboard-ers.blogspot.com/ , pode ser unha boa idea para a nosa modesta burbuxa longuera, sempre que se organizasen unhas boas churrascadas.

Poño o texto (espero que non lle inporte a Dani)

"Siguiendo el ejemplo de otros grupos de longboarders vamos a intentar montar un club de longboard por estos lares. Todo aquel que quiera esta invitado a formar parte.
En breve se realizara una quedada para ver temas legales del club y comentar el proyecto.(muy interesante y que va a sorprender a mas de uno).
Lo dicho longboard_ers@hotmail.com para el que este interesado."

Un saudo.

17 de diciembre de 2008

24 de noviembre de 2008

Let the good times roll...

A falta de ondas... unhas sesións de long... en novos spots...




17 de noviembre de 2008

O vran de San Martiño

Menuda fin de semana!!! Bo tempo, ondas pequenas e boas amizades... Foi o vran de San Martiño que unhas veces ven longo e outras pequeniño...(refrán popular). No noso caso: mar pequeniño, táboas longas, sol e picos para para nós soliños.

Estes apañaron unha chea de ondas... En cinco horas seguidas de surf, xa me diredes...!!! O pico foi case toda a mañá para eles dous... Malia que tiveron unha boa compaña: Unha bandada de golfiños que pasaron por ali varias veces. Debía haber bo peixe...


Este foi o pico en cuestión. Malia que ao seu caron tiñamos outro de dereitas un pouco mais cañeiras.
O domingo máis do mesmo e un pouquiño máis de mar.
Aqui vemos unhas táboas con moito "soul" unha tiña tres almas e a outra dúas. Longs moi clásicos e axeitados para este tipo de ondas.
Ata logo.

10 de noviembre de 2008

Malpica winter sessions. Finde polas terras de Bergantiños.



O campión galego de longboard Dani Alvite co seu novo long "CeCe surfboards" nunha boa dereita
Iste collía a velocidade dun lóstrego... ¿Fish, Quad, .... vai ti a saber?
Ata logo...

27 de octubre de 2008

unha fin de semana de BARROTES VIVOS!!!!!

Porque esta onda tan fermosa non tiña ningún surfeiro enrriba dela??? Simplemente porque era un cerrote... Este Sábado e Domingo tivemos uhna sesión de take offs para recordar... Era a única manobra que se podía facer, despois con unha pouca de sorte surfeabas uns metros e..... barrote que te crew.... !!!
Nesta ainda se surfearon... 5 metros? non foron 7... Ja, ja, ja...


E esta onda foi unha das grandes barras....
Ata logo...

20 de octubre de 2008

be was BING

O sábado no Vilar Jose estrenou o seu novo xoguete, nada máis e nada menos que un BING NR-2 9-8, unha longboard perfecta para fluir...

Este é o exemplar en cuestión quen ia pensar que unha longboard made in California destinada se cadra a surcar as augas de San Onofre, Windansea, etc ia acabar surcando as nosas augas...
Aqui temos a Jose, flue por aqui, flue por ala... Ademais as condicións foron as ideais para estrear o long, ondas pequenas e glassy durante toda a xornada. Unha gozada. Agora a adestrar o cross steping...
Ao final se animou Antón que tamén lle ten que coller o tempero o seu long...




Do Domingo non temos fotos, subíu o mar e xa se sabe, todo o mundo estaba na auga e ninguén coa cámara... Ata logo...


2 de octubre de 2008

28 de julio de 2008