29 de diciembre de 2009

Un sábado na Costa da Morte. (x Antón)


A mitade do colectivo verdescente non soe sair das praias do Barbanza.
Mais o sábado 19 de decembro decidimos facer unha xuntanza en Nemiña,
dando unha visita á praia de Mar de Fora en Fisterra.
Os surfeiros da zona son xente amable ( unha lembranza a Felipe) e agradecese estar no pico con xente que non fala con acento Metacheli, como fan moitos surfeiros urbanitas que parecen ser de Vallecas.
Nemiña é un spot fantástico, algúns levabamos mais de 2 meses sen entrar na auga, e co frio que
facía non disfrutamos da sesión.


Saimos cedo da Pobra do Caramiñal

IMG_0061



Nemiña estaba pequeno pero perfecto


IMG_0143





Autentico espríto Soul.

IMG_0153



Ahí vai Suso de Santiago (Pixual)

IMG_0169


En fin, bo día pero nos queda lonxe para os carrozas do Barbanza, estamos acostumados a estar en 15 minutos dende a nosa casa ao pico. Voltaremos dentro de 10 anos.
P.D. Vexo que esta entrada ocupa toda a pantalla. Por favor visitade a entrada anterior que se chama Un clásico brutal.

Un clásico brutal. (x Suso)

Este un clásico que nos leva a unha epoca feliz, dourada, con ondas glassy
e pouca xente nos picos, para os que temos uns anos...


27 de diciembre de 2009

Un sábado de frío

A mitade do colectivo Verdescente non solemos sair das praias do Barbanza,
mais o sábado 29 de decembro decidimos xuntarnos todos na Praia de Nemiña, facendo unha parada na do Rostro en Fisterra.
Algun levaba mais de 2 meses sen entrar na auga , e eso xunto co frio fixo que non disfrutara moito do baño, pero hai que decilo Nemiña é un praia fantástica, os locais son xente amable e tranquila (un saudo a Felipe) e cando estás na auga e pechas os ollos, sabes que estás en Galiza e non na Calle Serrano ( polos acentos metachelis que se escoita entre moito surfer urbanita).

23 de diciembre de 2009

The Homens - Calamar


Son galegos, fan pop-rock ou power-pop ou pop-alternativo ou o que ti queiras.... O bo deles e que o fan en galego e, por certo, moi ben.

16 de diciembre de 2009

Uns detalliños do pais do dollar (x Antón)

O colectivo ohidden=verdescente=boiain está formado por 4 señores:

1- É skater e maqueiro (usuario de apple computers).
2- É skater e non é maqueiro
3- Non é skater e é maqueiro
4- Non é nin skater nin maqueiro.


IMG_0585


A foto de enriba tomeina en Miami, ainda baixo os efectos do jet-lag.En Miami fan moitos chistes de españois, todos nos chamamos Manolo e temos unha fábrica de chorizos (destacando a pronunciación da Z).

IMG_1090

Detalle dunha tenda de Skates en Cayo Hueso.


Fumos un día ata Cayo Hueso, magnifica estrada, co mar ás duas beiras, pouco surf.

IMG_1148



IMG_7538

IMG_7536

IMG_7537

Pero o mellor son o prezo das táboas, ben hai que sumarlle o 7,5 % de tax, pero a cantidade resultante hai que dividilo por 1,5 para o importe en Euros, o dollar está baratísimo.


IMG_7544

IMG_7543

Finalmente o castelan non é perfecto ...

IMG_7547

2 de diciembre de 2009

UN AGASALLIÑO PARA ESTE NADAL



11 DICIEMBRE - SANTIAGO - SALA CAPITOL