Esta finde foi a limpeza de Nemiña. Os deuses ou a nai natureza ou quen for agasalláronos con dous días de boas ondas, bo tempo, bos amigos, boa comida, bos sorrisos, todo iso por un pouquiño do noso tempo para limpar a praia. Tanto por tan pouco. GRAZAS!!!
E agora unhas poucas fotos. Malia que case todos ian con longboard tamén había outros tipos de táboas:
Este rapaz non sei como se chama pero era o rei das sacadas.
Alex cun quad. Creo que foi o que máis táboas diferentes probou. A súa é unha titanius que a leva de morte...
Este pasábao de en grande cun retro fish. Creo que era italianini.
Este non sei como se chama mais tiña un bo estilo...