27 de abril de 2009

longas sesións de long na Ladeira…

nesta pasada fin de semana tivemos unhas boas sesións de long. As ondas eran máis ben mediometreiras pero pasámolo moi ben. Incluso houbo “expresion sesion” de churrasco o sábado pola noite. O domingo pola tarde coa marea chea quedouse o mar, mais xa estabamos bastante fartos de ondas... estas fotos mostran as máis pequenas cando a marea xa estaba moi chea.Alberto indo á punta co seu novo long, un 10 pés de Jacobs, unha auténtica preciosidade.
Ata logo...

21 de abril de 2009

Reutilizar boias traidas polo mar

Un exemplo do bo uso da regra das tres R (reducir, reciclar e reutilizar).
Neste chiringuito da praia de Pantín usan como decoración estas boias traidas polo mar. Pode gustarche ou non máis o dono non gastou nin un euro na decoración da terraza e tamén limpou a praia.
Esta entrada dedicámoslla a Antón que sabemos que lle mola o tema.

20 de abril de 2009

a nova táboa de Jose: bing synchronizer

A parte dianteira ou deck
A parte traseira ou botton onde vemos as quillas. Ten ata 11 diferentes, podes configurar a táboa como máis che guste (bonzer, quad, twinzer, fish,....)

Aqui Jose vai probar hoxe cunha configuración tri-fin. Xa nos contará as súas impresións.

Aqui dándolle a primeira capa de parafa (base coat).