19 de abril de 2010

Longboard Goanna pro Tapia 2010 (x Suso)


Esta Semana Santa acerqueime a Tapia para ver o que se cocia no campionato LQS de Longboard. O primeiro e máis significativo foron unhas condicións de mar e tempo duras, moi duras. As ondas acadaban máis de 2,5 metros no terceiro día (semifinais e final masculina) o vento bastante forte e cruzado durante todo tempo, chuvia etc. O evento se fixo longo e pesado, os competidores foron moi escasos, 14 en homes, polo que 3 días de competición son excesivos. Houbo moitos tempos mortos e de espera sen ningunha actividade complementaria. Iso si, vese que o Concello de Tapia está totalmente volcado co surf e este campionato.
Parabéns para Estichu que gañou o campionato feminino surfeando moi ben, como ela sabe. Por outra banda Antonine Delpero, con un nivel moi alto, gañou o masculino superando por moito a todos seus contrincantes, tamén debemos subliñar a actuación do francés Alexis Deniel e do inglés Ben Skinner que perdeu a súa semifinal con Delpero (para mín os dous mellores). Os participantes puxeron toda a carne no asador, non escatimaron esforzos e surfearon ondas grandes en condicións nada favorables.

1 de abril de 2010

Onda longa previos (x Antón)

Saimos cedo da Pobra do Caramiñal, e despois de recoller a Suso en Santiago, diriximonos por autoestrada cara o norte, collimos a saida de Miño, e dende o pobo vimos estas incribles vistas do pico, que nos dan idea moi certa do tipo de onda que nos iamos atopar.

ondalongui2


Calculando a ollo polo google maps, a foto está tomada a unha distancia de kilometro longo respecto do pico.

Ondalonga_00092

Xa ía tempo que queriamos dar un especial saudo a cantidade de internautas brasileiros que visitan o noso espazo.O futuro da lingua galega pasa por explotar as tremendas posibilidades que nos da a lusofonía.