19 de abril de 2010

Longboard Goanna pro Tapia 2010 (x Suso)


Esta Semana Santa acerqueime a Tapia para ver o que se cocia no campionato LQS de Longboard. O primeiro e máis significativo foron unhas condicións de mar e tempo duras, moi duras. As ondas acadaban máis de 2,5 metros no terceiro día (semifinais e final masculina) o vento bastante forte e cruzado durante todo tempo, chuvia etc. O evento se fixo longo e pesado, os competidores foron moi escasos, 14 en homes, polo que 3 días de competición son excesivos. Houbo moitos tempos mortos e de espera sen ningunha actividade complementaria. Iso si, vese que o Concello de Tapia está totalmente volcado co surf e este campionato.
Parabéns para Estichu que gañou o campionato feminino surfeando moi ben, como ela sabe. Por outra banda Antonine Delpero, con un nivel moi alto, gañou o masculino superando por moito a todos seus contrincantes, tamén debemos subliñar a actuación do francés Alexis Deniel e do inglés Ben Skinner que perdeu a súa semifinal con Delpero (para mín os dous mellores). Os participantes puxeron toda a carne no asador, non escatimaron esforzos e surfearon ondas grandes en condicións nada favorables.

2 comentarios:

Nacho dijo...

moi bo o vídeo e o comentario...
Un saúdo e aloha.

ohidden dijo...

Gracias polo comentario. Un saúdo para Ferrolterra..