Mais o sábado 19 de decembro decidimos facer unha xuntanza en Nemiña,
dando unha visita á praia de Mar de Fora en Fisterra.
Os surfeiros da zona son xente amable ( unha lembranza a Felipe) e agradecese estar no pico con xente que non fala con acento Metacheli, como fan moitos surfeiros urbanitas que parecen ser de Vallecas.
Nemiña é un spot fantástico, algúns levabamos mais de 2 meses sen entrar na auga, e co frio que
facía non disfrutamos da sesión.
Saimos cedo da Pobra do Caramiñal
Nemiña estaba pequeno pero perfecto
Autentico espríto Soul.
En fin, bo día pero nos queda lonxe para os carrozas do Barbanza, estamos acostumados a estar en 15 minutos dende a nosa casa ao pico. Voltaremos dentro de 10 anos.
P.D. Vexo que esta entrada ocupa toda a pantalla. Por favor visitade a entrada anterior que se chama Un clásico brutal.
1 comentario:
SE SO LEVA UNHA HORIÑA DE NADA, SODES UNS VELLIÑOS, JEJE.
Publicar un comentario