Esta é parte da vista que Julia Pfeiffer Burns, unha millonaria americana, tiña desde a súa casa. Cando morreu donoulle todo (masión e terreos) ao Estado coa condición que demoleran a súa casa,hoxe so se ven os cimentos, e que se prohibira baixar a praia para manter a tranquilidade do lugar. Ela e a súa familia baixaban a praia metidos nun carro tipo mina que iba por uns rais. A fervenza caendo na area é un puntazo.

Huntington Beach a contraluz

A semana anterior morrera Andy Irons, almorzando no Hotel en Chicago, deron a noticia na televisión e adicaronlle uns 15 minutos, con declaracións de Kelly Slater e outra xente do bussines. EN Steamer Lane tiñanlle fotos e frores, xunto ao paseo da fama do surf de Huntington, onde os melores surfers teñen unha estrela, hai tamén as pegadas e pes deles en cemento como fan as estrelas de Hollywood, este era o aspecto que presentaba o de Andy Irons. Os americanos non serán capaz de situar España no mapa (cantos de nos saberíamos situar Ucrania) pero é unha xente moito mais civilizada, e amable que nos.

California dreamin´ total. Venice Beach.

O pier de Santa Monica. Sae en cantidade de peliculas, a última que vin Hancock aparece ao final.
Aqui remata a ruta 66, nesta viaxe nos fixemos a foto no sinal de inicio da ruta 66 en Chicago, perto do Millenium Park, e ao final dela no pier. Non a fixemos en coche, fumos de Chicago a San Francisco en avión.

Están preparados para os tsunamis

Ocean beach.San Diego, este sinal gostariame que se refira a que os bugueros non poden entrar nese pico. Pero creo que vai ser que non.

A mundialmente famosa Malibu cun cuarto de metro. Rincon non queda lonxe pero como había que desviarse un pouco e con tan pouco mar decidín non ir.

Os piers nas praias permitenche ángulos nas tomas moi interesantes

Iba polo downtown de Los Angeles buscando un edificio onde se rodou parte de Blade runner, cando nun quiosco de rua vin esta portada, non puden resistirme.

1 comentario:
HOLA SOY ROMAN UNO DE LOS ORGANIZADORES DE ONDALONGA , NECESITO PONERME EN CONTACTO CONTIGO POR EL TEMA DE UNA FOTO DE ONDALONGA QUE TIENES EN TU BLOG , MI CORREO romandecada@gmail.com, urge, un saludo
Publicar un comentario