Estas son as esquerdas que tivemos o sábado despois de que recibira no meu móbil esta mensaxe de Jose: "esquerda de meio a un na serie moi boa" Sen pensalo pillei o tablón, deixei outras cousas que tiña previsto facer e dereitiño para a praia.
Unhas ondas moi predecibles e abrideiras...
Despois mentres me cambiaba fixen uns dispariños en plan macro
Esta Semana Santa acerqueime a Tapia para ver o que se cocia no campionato LQS de Longboard. O primeiro e máis significativo foron unhas condicións de mar e tempo duras, moi duras. As ondas acadaban máis de 2,5 metros no terceiro día (semifinais e final masculina) o vento bastante forte e cruzado durante todo tempo, chuvia etc. O evento se fixo longo e pesado, os competidores foron moi escasos, 14 en homes, polo que 3 días de competición son excesivos. Houbo moitos tempos mortos e de espera sen ningunha actividade complementaria. Iso si, vese que o Concello de Tapia está totalmente volcado co surf e este campionato. Parabéns para Estichu que gañou o campionato feminino surfeando moi ben, como ela sabe. Por outra banda Antonine Delpero, con un nivel moi alto, gañou o masculino superando por moito a todos seus contrincantes, tamén debemos subliñar a actuación do francés Alexis Deniel e do inglés Ben Skinner que perdeu a súa semifinal con Delpero (para mín os dous mellores). Os participantes puxeron toda a carne no asador, non escatimaron esforzos e surfearon ondas grandes en condicións nada favorables.
Saimos cedo da Pobra do Caramiñal, e despois de recoller a Suso en Santiago, diriximonos por autoestrada cara o norte, collimos a saida de Miño, e dende o pobo vimos estas incribles vistas do pico, que nos dan idea moi certa do tipo de onda que nos iamos atopar.
Calculando a ollo polo google maps, a foto está tomada a unha distancia de kilometro longo respecto do pico.
Xa ía tempo que queriamos dar un especial saudo a cantidade de internautas brasileiros que visitan o noso espazo.O futuro da lingua galega pasa por explotar as tremendas posibilidades que nos da a lusofonía.
Co gallo de que o martes 16 de marzo ás 21h vai ser o concerto do grupo "Yo la tengo" na Sala Capitol en Santiago colgo este video clip da súa canción "Today is the day" que ten unhas imaxes de surf moi fermosas, casi me atrevería a dicir que idílicas, por isos poitbreaks de ondas longas e mediometreras. Seguro que no cocerto, cando estén a a tocar, me lembrarei dalgunha destas imaxes... Eu teño a sorte, grazas a Antón (ohidden blog), de ter unha entrada xa que están esgotadas dende hai bastante tempo. Espero que vos guste.