1- É skater e maqueiro (usuario de apple computers).
2- É skater e non é maqueiro
3- Non é skater e é maqueiro
4- Non é nin skater nin maqueiro.
A foto de enriba tomeina en Miami, ainda baixo os efectos do jet-lag.En Miami fan moitos chistes de españois, todos nos chamamos Manolo e temos unha fábrica de chorizos (destacando a pronunciación da Z).
Detalle dunha tenda de Skates en Cayo Hueso.
Fumos un día ata Cayo Hueso, magnifica estrada, co mar ás duas beiras, pouco surf.
Pero o mellor son o prezo das táboas, ben hai que sumarlle o 7,5 % de tax, pero a cantidade resultante hai que dividilo por 1,5 para o importe en Euros, o dollar está baratísimo.
Finalmente o castelan non é perfecto ...
1 comentario:
Antolín tiñas que facer algunha foto ás nenas en bikini, jeje.
Publicar un comentario