Conciertazo de Los Coronas na sala Nasa en Santiago. Se alguén o dubidaba a música surf instrumental está máis viva que nunca. Como moi ben o definen eles a súa música é Surf music spanish style, unha mestura de surf con spagueti westerm con rock and roll clásico e outros aditivos.
Nós quedamos para ir a velos e ficamos todos abraiados do ben que soaron, da profesionalidade e o bo facer destes músicos.
Eles andan de xira por toda España así que se pasan pola túa cidade e queres escoitar unha boa banda de surf non os perdas.
1 comentario:
Moito ben, Boyain.
Publicar un comentario