
nesta pasada fin de semana tivemos unhas boas sesións de long. As ondas eran máis ben mediometreiras pero pasámolo moi ben. Incluso houbo “expresion sesion” de churrasco o sábado pola noite. O domingo pola tarde coa marea chea quedouse o mar, mais xa estabamos bastante fartos de ondas... estas fotos mostran as máis pequenas cando a marea xa estaba moi chea.

Alberto indo á punta co seu novo long, un 10 pés de Jacobs, unha auténtica preciosidade.
Ata logo...