

O ano pasado, a mediados de xuño, un membro do colectivo surf verdescente durante unha viaxe polo sul de Alemaña, achegouse ata Munich, e alí con ceos azuis, temperatura de 30 graos, e paseando á beira do rio Istar atopou o ambiente surfeiro da cidade, do que xa oira falar.
Xente civilizada, guapa e cunha cervexa magnífica, que non esquezamos é moi importante para o colectivo verdescente.
Por certo, a maioria das taboas non tiñan punta dos golpes que pegan coas beiras de cemento ao apurar o deslizamento pola corrente.
