5 de agosto de 2009

festival longboard de Salinas 2009

A miña experiencia do Festival de long de Salinas foi moi gratificante. A verdade que o mellor de todo foron as ondas que non faltaron a cita. Eu que ía con fame de ondas e que pensaba que non ía pillar moitas todo o contrario. Dinme dous bañazos moi bos o venres tarde e o sábado pola mañá na compaña de Alex e Alfonso dos Tombos. A praia de Salinas ten multitude de picos e hai para todos. Nin que dicir ten que houbo moi bo rollo no auga (ben xa sei que os tabloneiros adoitamos ser relaxados, algúns máis que outros je je)
De PIXUAL
No canto das actividades paralelas ao surf eu quédome co concerto dos Kings of Makaha que foi abraiante. http://www.pixualsurf.blogspot.com/

Tamén se che gustan as táboas ese é o lugar ideal para ires. Podías ver, tocar ou probar cantidade de táboas diferentes desde longs a alaias pasando polos sups (que llo digan a Alex dos Tombos que quedou abraiado cun hull de “Paulo Jacinto surfboards”).
De PIXUAL
O de ver ás figuras do surf (Joel, etc) foi o de menos, o importante foi coincidir con xente que coñeces e xente nova. Eu recoméndollo a todos/as . Unha aperta Suso.

De PIXUAL

Tom Weneger shapeando.

De PIXUAL

Un long ben fermoso...

2 comentarios:

MANEL dijo...

Semella que a cousa estivo ben. Con tres fillos non e doado atopar tempo pra ir o festival, pero un ano de istos irei.
Apertas
Manel

MANDISURFER dijo...

ME HIBIEA GUSTADO MUCHO ESTAR AHÍ, LA VERDAD...