17 de diciembre de 2010

Mais California novembro 2010

Ben, ahí van outras 10 fotos.

Esta é parte da vista que Julia Pfeiffer Burns, unha millonaria americana, tiña desde a súa casa. Cando morreu donoulle todo (masión e terreos) ao Estado coa condición que demoleran a súa casa,hoxe so se ven os cimentos, e que se prohibira baixar a praia para manter a tranquilidade do lugar. Ela e a súa familia baixaban a praia metidos nun carro tipo mina que iba por uns rais. A fervenza caendo na area é un puntazo.

DPP_0074

Huntington Beach a contraluz

DPP_0039


A semana anterior morrera Andy Irons, almorzando no Hotel en Chicago, deron a noticia na televisión e adicaronlle uns 15 minutos, con declaracións de Kelly Slater e outra xente do bussines. EN Steamer Lane tiñanlle fotos e frores, xunto ao paseo da fama do surf de Huntington, onde os melores surfers teñen unha estrela, hai tamén as pegadas e pes deles en cemento como fan as estrelas de Hollywood, este era o aspecto que presentaba o de Andy Irons. Os americanos non serán capaz de situar España no mapa (cantos de nos saberíamos situar Ucrania) pero é unha xente moito mais civilizada, e amable que nos.


DPP_0045


California dreamin´ total. Venice Beach.


DPP_0065

O pier de Santa Monica. Sae en cantidade de peliculas, a última que vin Hancock aparece ao final.
Aqui remata a ruta 66, nesta viaxe nos fixemos a foto no sinal de inicio da ruta 66 en Chicago, perto do Millenium Park, e ao final dela no pier. Non a fixemos en coche, fumos de Chicago a San Francisco en avión.


DPP_0059

Están preparados para os tsunamis

DPP_0017

Ocean beach.San Diego, este sinal gostariame que se refira a que os bugueros non poden entrar nese pico. Pero creo que vai ser que non.

DPP_0014

A mundialmente famosa Malibu cun cuarto de metro. Rincon non queda lonxe pero como había que desviarse un pouco e con tan pouco mar decidín non ir.

DPP_0067

Os piers nas praias permitenche ángulos nas tomas moi interesantes


DPP_0038


Iba polo downtown de Los Angeles buscando un edificio onde se rodou parte de Blade runner, cando nun quiosco de rua vin esta portada, non puden resistirme.

DPP_0056

10 de diciembre de 2010

California Novembro 2010

 O mes  pasado parte do colectivo Ohiden visitou os States.
 Pasando por Chicago, fumos a California, onde lle realizamos 2.008 millas ao carro rentado, voltando despois por Miami.
 Non fumos a surfear, polo que as fotos de surf que tomamos eran aquelas que coincidian co noso    recorrido.
 Durante a viaxe se realizaron 4.000 disparos coa máquina, dos cales se volcaron ao ordenador 3.700, que nunha primeira revisión quedaron en 3.300.

Como son un vago publicarei so 10 fotos.

Venice Beach mentras estaba xantando nunha terraza.


DPP_0066


Por Steamer Lane en Santa Cruz  estiveramos no 2005, era xullo daquela, pero o tempo era mellor en novembro de 2010 as 9 da mañán.

DPP_0079


Posta de sol nunha praia que agora non lembro no salvaxe Big Sur.

DPP_0076

As postas do sol eran alucinates, cun sol enorme, esta é unha praia a unha hora ao norte de Malibú.
 O surfer da foto saia da auga e non tivo mais remedio que mirar para o sol.

DPP_0070

O nivel de skate era moi alto.Venice beach

DPP_0063

O meu longboard !!!!!  si,si o verde.

DPP_0061


O pier de Manhattan Beach deixoume boquiaberto, qué bonito, eso si, entraba menos mar que en Huntington Beach


DPP_0055

Huntington Beach, qué clasico, que glasi, esta foto foi tomada sobre as 9 da mañan.


DPP_0040

O motel estaba a pe da praia de Huntintong, tamén chamada Surf city, así que as 6 e media da mañán achegueime a ela , xa había moitisima xente metida, e o que mais me gustou era a ausencia de frio, que nin aquí nos mellores días do verán.

DPP_0030

Para rematar a típica foto pasando debaixo do pier.

DPP_0026

Rio Sieira Setembro 2010

 O último fin de semán de setembro houbo un pequeno campeonato na praia de Rio Sieira, as condicións non eran moi boas, medio metro pasado, polo menos o sábado pola mañán, deixamos aquí unha pequena mostra.
 Non estaba verdescente polo tanto non nos mola.

Outono10_0036



Outono10_0164_1




Outono10_0163_1

Outono10_0161_1

Outono10_0157_1

Outono10_0131_1

Outono10_0128_1

Outono10_0122_1

Outono10_0099_1


Outono10_0098_1

Outono10_0095_1

11 de noviembre de 2010

nova web de material surfeiro de segunda mán

Os nosos amigos de Surfgz.com acaban de poñer unha nova iniciativa na rede: SurfMarket.org é unha ferramenta aberta a toda a comunidade da praia. O obxectivo é facilitar o intercambio de material deportivo entre particulares. Boa sorte na nova andaina...

3 de noviembre de 2010

21 de octubre de 2010

LUIS +

Bo Boardrider da zona...






BRUNO LONGBOARDING

Good




Saltariiinnn



Este non pasaba o!



Vedes como era para min, se eu xa o sabia, jeje



Non volvas oo!



JeJe estes corcheiros...




Se me agacho un pouquiño....