19 de marzo de 2008

Alemaña, Viva o surf e a cervexa


O ano pasado, a mediados de xuño, un membro do colectivo surf verdescente durante unha viaxe polo sul de Alemaña, achegouse ata Munich, e alí  con ceos azuis, temperatura de 30 graos, e paseando á beira do rio Istar atopou o ambiente surfeiro  da cidade, do que xa oira falar.
Xente civilizada, guapa e cunha cervexa magnífica, que non esquezamos é moi importante para o colectivo verdescente.
Por certo, a maioria das taboas non tiñan punta dos golpes que pegan coas beiras de cemento ao apurar o deslizamento pola corrente.